PolíticaÚltima hora

As Novas Xeracións do PP recollen roupa no Nadal para os máis necesitados

A organización xuvenil popular recollerá tamén alimentos e xoguetes para entregar a Cáritas
As agrupacións da provincia tamén van colaborar.

Co cancelo #RepartindoSorrisos, a organización xuvenil do Partido Popular de Ourense, Novas Xeracións, vén de iniciar na provincia unha nova campaña solidaria de Nadal na que se procederá á recollida de roupa, alimentos e xoguetes que serán entregados a Cáritas.

As agrupacións locais que neste ano participan na campaña son as de Xinzo de Limia, O Carballiño, A Peroxa, a Bola e A Rúa, que a través das redes sociais darán a coñecer os puntos establecidos para a recollida dos citados produtos.

O presidente provincial de Novas Xeracións, José Antonio Parente, agradeceu “todo tipo de colaboración, por pequena que sexa, xa que será un gran xesto para que todas as persoas teñan a oportunidade de disfrutar destas datas”, facendo un chamamento a todos os ourensáns “para que se sumen ao reparto de sorrisos neste Nadal”.

Artigos relacionados

Back to top button