Monográfico Moda veránMonográficos

As novas xeracións

Os xoves deseñadores do Barco pechan as xornadas Modaberta 2012e
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Dende que cuallara a idea (fortemente estudada e debatida) e as xornadas da moda botaran a andar hai xa tres anos, o obxectivo do Centro Comercial Aberto O Barco de poñer en valor á xente e o potencial da zona, foi indiscutible.

Con todo, non sería ata esta terceira edición de Modaberta cando esa aposta se fixo moito máis forte xa que a directiva da asociación comercial, con Charo López ao fronte, decidía que fosen os propios mozos do Barco os que, non só amosasen os seus proxectos na exposición e sobre a pasarela como nas dúas anteriores edicións, senón que contasen as súas experiencias protagonizando os diferentes relatorios que forman parte do programa de actividades.

Deste xeito conseguiron xuntar, ao longo de case unha semana, experiencias no mundo da perruquería e estética, do deseño e tamén da moda, da man da xefa do departamento de Imaxe Persoal do IES Lauro Olmo do Barco María Luisa Soto, do xove deseñador Rubén González e da ex modelo profesional Diana Ortiz, os tres valdeorreses. Como contrapunto, as xornadas contaron asemade coa experiencia de toda unha vida adicada á confección, da man da deseñadora coruñesa Isabel Edreira, especializada en alta costura e complementos.

Mª Luisa Soto
A imaxe é importante e “rexe a relación entre un mesmo e o noso entorno, tanto social como persoal”. Así comezaba a xefa do departamento de Imaxe Persoal do IES Lauro Olmo do Barco, a súa intervención nas III xornadas Modaberta. Mª Luisa Soto falou ante os alumnos do instituto barquense, dos puntos máis destacados do aspecto persoal. Malia que non sempre estemos dacordo con ela “a moda está na rúa” dixo, por iso é importante “saber se nos gusta a nosa imaxe e de non ser así, como podemos cambiala ou potenciala” en moitas ocasións grazas á figura do asesor, que saca o mellor de cada persoa.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(A información íntegra pode lerse na edición en papel do Especial Moda de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button