ConcellosO BarcoÚltima hora

As obras da avenida do Bierzo obrigan a desviar o tráfico no Barco

 

As obras de mellora que se están levando a cabo na avenida do Bierzo, no Barco de Valdeorras obrigaron ao desvío da circulación polo centro da vila. 

O proxecto comezou xa a mediados do mes de xullo coa retirada de árbores da parte de arriba da avenida, e a semana pasada procedíase á solución dun problema de recollida de auga, pero non era ata esta semana cando os operarios destapaban os sinais de desvío do tráfico polo Barco.

No caso dos vehículos lixeiros deben ir por Eloy Mira ou a rúa Cantón, cruzar a vía polo paso inferior e acceder á avenida do Bierzo pola rúa A Veiguiña, xunto á Casa do Río Cigüeño. Os pesados teñen que percorer as avenidas de Marcelino Suárez e Conde Fenosa para acceder á N-120 pola rúa Río Galir e a avenida de Portugal, ou ben seguir pola avenida de Galicia para tomar o enlace da Proba.

As obras teñen un prazo de execución de 8 meses e actuarase nos primeiros 655 metros da estrada autonómica OU-622, o treito da vía cun carácter máis urbano, para reforzar a seguridade e facer máis humana e accesible a súa contorna.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button