En portadaÚltima hora

As obras da OU-602 na Rúa obrigarán a desviar o tráfico os días 23 e 24 de xullo

Co fin de minimizar afeccións está previsto un percorrido alternativo polas estradas OU-603, tamén neste concello, e a OU-933

 

Imaxe das obras na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

As obras de reformo de firme que se están a realizar dende a pasada semana na estrada autonómica OU-602, no concello da Rúa, obrigarán ao desvío provisional do tráfico rodado o próximo luns e martes, días 23 e 24 de xullo, segundo se informa dende a Consellería de Infraestruturas.

Esta estrada de 0,5 quilómetros de lonxitude percorre A Rúa e conecta a OU-533 con Fontei. Con vistas a minimizar afeccións ao tráfico está previsto un percorrido alternativo polas estradas OU-603, tamén neste concello ourensán e na que a semana pasada se realizaron xa actuacións no firme, e a estrada OU-933.

O detalle do percorrido alternativo, que se sinalizará convenientemente, amósase no seguinte plano:

Mapa co desvío.

Esta intervención forma parte das actuación programadas de rehabilitación do firme en cinco estradas autonómicas da comarca de Valdeorras, e nas que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá preto de 583.000 euros.

As estradas obxecto deste contrato desenvólvense polos Concellos da Rúa, Rubiá, O Barco de Valdeorras, Petín e Larouco, e as obras están sendo acometidas pola empresa Aglomerados y Construcciones Valdeorras S.A.

 

Artigos relacionados

Back to top button