OurenseÚltima hora

As obras da rúa Francisco de Moure (Ourense) comezan mañá, 26 de agosto

Durante os traballos a vía pasará a ser dun único sentido e non se permitirá o aparcamento

Imaxe do plano. / Foto: cedida.

 

A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense iniciará mañá, mércores 26 de agosto, as obas de mellora na rúa Francisco de Moure, unha das principais vías do barrio do Couto que se estende dende a Avenida de Portugal (á altura da Praza do Couto) ata a rúa de Faustino Santalices. Os traballos consistirán no fresado e reposición do firme e, posteriormente, o pintado da vía.

A execución desta obra implicará que se inhabiliten as prazas de aparcamento durante os días xoves 27 de agosto, venres 28 de agosto e luns, 31 de agosto, día no que previsiblemente rematarán os traballos. Durante eses días a rúa pasará a ser dun único sentido (cara a Praza do Couto) desviando a circulación restante por rúas adxacentes.

Esta actuación suporá un investimento de 48.392,80 euros por parte do Concello de Ourense e enmárcanse dentro das actuacións de acondicionamento do firme que realiza a Concellería de Infraestruturas ao longo do ano en aquelas rúas nas que fose necesario.

Artigos relacionados

Back to top button