OurenseÚltima hora

As obras de ampliación do Hospital de Ourense comezarán en 2022

Xunta e Concello asinan un convenio de colaboración para levalas a cabo por un importe de 52,2 millóns de euros

O conselleiro de Sanidade e o alcalde de Ourense asinando o convenio.

 

Na mañá deste martes 21 de decembro, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asibana o convenio de colaboración para levar a cabo ás obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, (CHUO) que acadarán os 52’8 millón de euros.

A colaboración entre Administracións posibilitará remodelar por completo o actual edificio materno-infantil e construír un novo edificio ao seu carón para, de seguido, unir ambos ata convertelos nun espazo único. Nesta actuación, o Concello de Ourense asumiu o compromiso de achegar un total de 5’2 millón de euros -en dous pagos-, o que representa case o 10% do custo total da obra.

O titular de Sanidade destacou a “implicación, a vontade e a xenerosidade” da corporación ourensá para acadar un acordo que posibilitará que ás obras de ampliación do CHUO comecen en 2022. Así, o Concello achegará das arcas municipais unha cantidade equivalente á que suporían as habituais bonificacións fiscais mediante unha achega directa.

Esta actuación incidirá sobre 33.000 m2, dos que, preto de 14.000 serán de nova construción e 19.000 de reforma. Neste senso, o espazo contará con 280 camas de hospitalización convencional; 58 de hospitalización obstétrica; 38 na área de hospitalización pediátrica; UCI pediátrica e de neonatos; urxencias; consultas e área cirúrxica -tanto de pediatría como de obstetricia-; e áreas de diálise e de diagnóstico por imaxe.

 

 

Garcia Comesaña explicou que con esta actuación compleméntase o edificio de hospitalización de 52.000 m2 que se rematou en 2017, tras un investimento de 41 millóns de euros. Ademais, apuntou que a Xunta está arestora a tramitar dúas reformas de xeito paralelo: a obra da UCI -cun investimento de 9 millóns de euros-, e a obra da área de medicina nuclear -cuxo proxecto terá un custo de 1’5millóns euros-.

Nesta liña, o Executivo galego segue a avanzar na implementación do Plan Director do CHUO, agardando poder licitar o vindeiro ano o proxecto de dous novos edificios: un de carácter ambulatorio e outro de carácter administrativo, e cuxa inversión superará os 50 millóns de euros.

Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, valorou moi positivamente a sinatura do acordo, asegurando que “hoxe é un día de alegría porque se vai facer unha obra que é importante para a cidade e para a provincia”.

Artigos relacionados

Back to top button