Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

As obras de Quessada e Quesada Blanco decoran o CHUO

As obras están situadas no andar principal e nos vestíbulos de acceso ás sete plantas do novo edificio de Hospitalización

O novo edificio de Hospitalización do CHUO convértese nunha sala de exposicións xa que cada unha das súas plantas abrangue varios cadros do artista ourensán Xaime Quessada e Xaime Quesada Blanco, ou seu fillo . Un total de 25 obras dos dous artistas penduran agora nas paredes desta nova instalación sanitaria grazas a unha cesión que fixo a fundación Xaime Quessada ao Complexo ourensán a través dun convenio rubricado hoxe, 2 de novembro.

Segundo dixo a presidenta da Fundación Xaime Quessada, María Jesús Blanco, “porque Xaime quixo que a súa obra fose do público para o público” por este motivo “o hospital tivo unha magnífica idea para humanizar os seus espazos coa súa obra”. Neste senso, a presidenta salientou que a Quessada “gustáballe o gran formato que estivese en espazos públicos”, por este motivo cederon de xeito altruísta esta pequena colección ao CHUO.

Así, este novo edificio adquire unha nova función, ademais da da sanitaria, a de sala de exposicións, posto que a Xerencia do CHUO vai distribuír trípticos explicativos das diferentes obras “para que os pacientes e os visitantes saiban que obran están vendo”, dixo Dionisio López Vellido, xerente da EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, que asegurou que “é un orgullo” ter estas obras dentro da instalación.

As obras están situadas no andar principal e nos vestíbulos de acceso ás sete plantas de hospitalización, “contribuíndo a humanizar, mediante a arte, os novos espazos sanitarios públicos de Ourense”, dixo López Vellido.

Texto e fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close