CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

As obras do CEIP Condesa de Fenosa sobre o Camiño de Inverno, xa locen nalgúns escaparates do Barco

É unha das actividades do Plan Proxecta no que traballan os alumnos de 5º de Primaria, realizada en colaboración con AEVA

 

Este curso o alumnado de 5º de educación primaria do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa está a levar a cabo o programa de Educación Patrimonial “Mirando polo Camiño”, un proxecto enmarcado no Plan Proxecta, cuxa temática xira en torno ao Camiño De Santiago, centrándose na ruta do Camiño de Inverno que transcorre pola localidade.

Tal como explican dende o centro, co proxecto preténdese dar a coñecer ao alumnado “o fenómeno do Camiño De Santiago, o patrimonio cultural, artístico, literario… máis próximo así como promocionar e facer visible a ruta do Camiño de Inverno á sociedade desta comarca”, a través de varias actividades.

Unha delas, en colaboración con AEVA, é a exposición dos traballos artísticos realizados polo alumnado ao abeiro do proxecto, nos escaparates dalgúns comercios da localidade no que xa locen, tal como pode verse nestas imaxes. As maquetas permanecerán expostas ata o 21 de xuño.

 

Artigos relacionados

Back to top button