ConcellosÚltima hora

As obras no “Parque dos Patos” de Barbadás o transformaron nun área de esparexemento

O traballos integraron esta zona no núcleo urbano da Valenzá e recuperaron “unha zona abandonada” para convertela nun espazo lúdico
Dous bancos de aceiro fan ese área de recreo.

As obras na parte alta no coñecido como “Parque dos patos” da Valenzá, en Barbadás, xa están rematadas. Os traballos deixaron este área como “un espazo aberto á modernidade e un miradoiro cara á natureza”, aseguran dende o Concello de Barbadás.

Estes traballos serviron para integrar esta zona de esparexemento do núcleo urbano da Valenzá para convertelo nun lugar de uso polivalente. A execución deste proxecto tivo un custo de 87.100 euros, financiados conxuntamente polo Concello de Barbadás e a Xunta de Galicia, con fondos europeos FEDER.

O proxecto de reforma desta antiga zona do “Parque dos Patos” consistiu na recuperación dunha zona de desnivel evidente e na que medraba a vexetación de xeito espontáneo dende hai anos. Dende o Concello sinalan que na actuación fíxose un importante movemento de terras co obxectivo de reparar o terreo para habilitar diferentes niveis a través da definición de catro bancais con céspede comunicados entre eles mediante escaleiras e ramplas.

Unha oliveira con cantos de río decora a zona.

Estes bancais dos que falan forman un espazo transformado en zona de recreo para que as persoas poidan transitar por eles, descansar, pasar o tempo ou utilizalos como miradoiro ou mesmo como graderío para visualizar accións lúdicas ou culturas que se programen no espazo contiguo.

No muro de formigón colocouse un xardín vertical sobre e, sobre o mesmo, instalouse unha varanda que serverá de apoio para as persoas que acudan ao lugar a gozar das vistas do miradoiro. Plantouse tamén, na nova zona axardinada, unha oliveira de cantos rodados e flores que outorga ao lugar un elemento decorativo.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, afirmou que “con esta actuación cumprimos unha importante demanda da veciñanza que pedía a recuperación desta céntrica zona da Valenzá para convertela nun eixo da actividade lúdica e de lecer con todos os conveciños”. Para o rexedor, este espazo servirá para integrar o río na trama urbana e así permitir mellorar a calidade de vida da cidadanía.

Pola súa banda, a concelleira de Urbanismo, Victoria Morenza, destacou a importancia desta actuación xa que “transformou un espazo abandonado e sen uso nun lugar que será punto de referencia das zonas de esparexemento do municipio”.

As obras integran o río coa contorna urbana.

Artigos relacionados

Back to top button