Galerías de fotosÚltima hora

As ocas, de paseo polo casco vello do Barco

 

Coa gran crecida do Sil na última semana, as dúas ocas que adoitan estar nas beiras deste río ao seu paso polo Barco vían reducido considerablemente o espazo polo que moverse.

Agora os veciños do casco vello acostuman velas pola rúa Real, sobre todo na baixada ao río, e mesmo ás veces sorprenden a aquelas persoas que transitan pola pasarela que conecta esta zona con Viloira.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button