EntroidoGalerías de fotosÚltima hora

As olas das Eiroás, case listas

Dentro dos preparativos do Domingo Oleiro no barrio ourensán das Eiroás, a Asociación de Amig@s da Pita vén de recoller esta mañá algunas das olas que se utilizarán neste xogo entroideiro e que foron decoradas en gran medida por alumnos do CPR Divino Maestro.

Ata o centro desprazábanse os membros da asociación e na recollida estiveron acompañados pola concelleira de Educación e Cultura de Ourense, Ana Garrido. Ademais, para agradecerlles a súa colaboración, os Amig@s da Pita entregábanlle un certificado de “escola amiga” ao CPR Divino Maestro.

Por outra banda, mañá recolléronse algunhas máis e farase unha presentación no colexio. Ademais o vindeiro sábado a asociación impartirá o obradoiro de decoración de olas habitual no Local social”.

 

Fotos cedidas pola Asociación Amig@s da Pita das Eiroás

Artigos relacionados

Back to top button