EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

As pancartas da XXIII Festa das Covas de Vilamartín de Valdeorras xa están na rúa

Antes da súa colocación, a Asociación de Coveiros reuníase para falar sobre distintos temas

 

A directiva da Asociación de Coveiros de Vilamartín de Valdeorras.

 

As pancartas da vixésimo terceira edición da Festa das Covas de Vilamartín de Valdeorras, que se celebrará o vindeiro 3 de agosto, xa están na rúa. A falta de 16 días para esta cita, a Asociación de Coveiros de Vilamartín reuníase no día de hoxe, 19 de xullo, para concretar distintos temas referentes a este evento.

Comeza o traballo a contrarreloxo para esta organización, que xa iniciou a promoción da festa a pé de rúa, colocando pancartas na vila de Vilamartín, ademais de no Barco e na Rúa.

Texto: Alba Prada

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button