EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

As pandillas do Barco reúnense á beira do Sil, no marco das Festas do Cristo

Los Mecánicos da Coruña puxeron son e ritmo á sesión vermú celebrada o 15 de setembro

Os temas máis marchosos dos anos 60 serviron de base a Los Mecánicos da Coruña para o concerto co que amenizaron a sesión vermú do sábado 15 de setembro á beira do Sil.

Un total de dez pandillas (206 persoas) asistían á xuntanza que cada ano se celebra no marco das Festas do Cristo, no Barco de Valdeorras. Unhas tradicionais como a das Casas Baratas, a Peña Saldoira ou os Amigos de los Iris e outras de máis recente creación como os Amigos do Botelo, PX, Teresa Romero, VH 0+, Lindas Libres y Locas, As Estrelas da Praza ou O Club da Comedia.

Todas, bailaron ao son do marchoso grupo coruñés que despregou sobre o escenario o seu mellor repertorio convidando aos presentes a acompañalos e a bailar. De feito, a peña VH 0+ incluso se atreveu a subir para interpretar a súa particular versión de “A mi manera”. E unha vez rematado o concerto, tralos bailes os membros das pandillas (identificados con pulseiras) compartiron risas, anécdotas e un aperitivo, servido un ano máis por Mantesil.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button