Festas do Cristo O BarcoGalerías de fotosÚltima hora

As peñas do Barco van ao río

A IX Xuntanza de Pandillas tiña lugar á beira do Sil, cunha sesión vermú amenizada polos valdeorreses Blue Star Group

O río está sendo un dos protagonistas no programa de festas deste ano. Se na tarde do venres 11 de setembro acollía a sesión de xogos populares do “Paporrubio” dirixida ao público infantil, no mediodía do sábado 12, era o escenario da IX Xuntanza de Pandillas do Cristo.

Pasadas as 12:30h. a beira do Sil, na praia fluvial do Malecón, convertíase no punto de encontro para os amigos da infancia e da xuventude (Peña Saldoira, Casas Baratas, Los Iris,…) pero tamén para todo aquel que quixo achegarse. “A idea é abrilo a todo o mundo, que as pandillas teñan o seu encontro pero que todos podan participar, nun entorno como este” explicaba a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta.

Este ano o acto consistíu nunha sesión vermú amenizada musicalmente polos valdeorreses Blue Star Group, con pinchos e viño da DO Valdeorras.

Coma sempre a nota de humor puxérona os membros da Peña Saldoira, que se vestían a ton co escenario, aparecendo vestidos con peculiares bañadores ao máis puro estilo dos anos 20.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button