ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As Perseidas vistas dende Trevinca

Unhas 60 persoas participaban na observación astronómica promovida polo Concello da Veiga o 11 de agosto

Para desfrutar das “bágoas de San Lourenzo” un grupo dunhas 60 persoas de diferentes idades (a partir de nenos de tres anos) e nacionalidades escollía Trevinca. Sumábanse así a unha actividade de observación astronómica organizada dende o Concello da Veiga e dirixida por Óscar Blanco.

Esta proposta astronómica comezaba cunha cea nun restaurante veigués. De seguido, os asistentes trasladábanse ata a Tablilla das Lagoas, onde se desenvolvía a observación. No seu decurso, ademais de aprender a localizar e identificar as constelacións máis coñecidas, como é o caso da Osa Menor, a Estrela Polar ou a Vía Láctea; os participantes tiveron a oportunidade de identificar outras constelacións como Casiopea ou Perseo.

Fotos: Óscar Blanco

Artigos relacionados

Back to top button