EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

As persoas contratadas para a vendima en Galicia someteranse a test de Covid

Así o anunciaba o presidente da Xunta tras a reunión desta mañá do comité clínico de expertos, na que se aprobaba o protocolo de explotacións agrícolas en traballadores temporeiros

Labores de vendima./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na reunión reunión que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, mantiña esta mañá co comité clinico de expertos aprobábase definitivamente o protocolo de explotacións agrícolas nos traballadores temporeiros de cara á vindeira campaña da vendima na comunidade. Así o sinalaba o titular do goberno galego tras o encontro.

“O obxectivo é incrementar a seguridade sanitaria nas campañas, conxugando a continuidade da actividade coa saúde dos traballadores. Dende o 20 de agosto empezaremos a aplicar tamén test que realizaremos entre 3.000 e 4.000 persoas que están contratadas ou van ser contratadas basicamente para a vendima. Parécenos algo moi importante na nosa comunidade autónoma e estamos preparados ao efecto. Realizaremos probas de detección de infección polo virus nos traballadores de forma previa ao inicio desta campaña”, explicaba Alberto Núñez Feijóo.

Artigos relacionados

Back to top button
Close