OurenseÚltima hora

As persoas e empresas de Ourense afectadas pola crise sanitaria, contarán con asesoramento gratuíto

A iniciativa será posta en marcha por parte do Colexio de Economistas e Concello

O alcalde de Ourense e a presidenta do Colexio de Economistas.

 

O Concello de Ourense e o Colexio de Economistas de Ourense porán en marcha un servizo de asesoramento en diferentes ámbitos -laboral, fiscal, administrativo e financeiro- dirixido á cidadanía, ás persoas autónomas e ás pequenas e medianas empresas de Ourense afectadas pola crise orixinada polo Covid-19.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a presidenta do colexio María del Carmen Sampayo David, asinaban hoxe o acordo para poñer en marcha este servizo, de carácter conxuntural, que se pon en marcha de xeito excepcional ante a crise económica xerada pola pandemia. “É unha fórmula para axudar de xeito gratuíto as pequenas e medianas empresas, e os cidadáns en xeral, para a realización das xestións que precisen ante a dita crise”, aseguran dende o Concello que aportará unha dotación orzamentaria de 18.029 euros.

 

 

A motivación do convenio é “prestarlle servizo á sociedade”, sinalou a presidenta do colexio, María del Carmen Salgado, quen engadiu: “creo que todos os profesionais teñen a obriga de devolver coñecemento á sociedade que os formou, e a través deste convenio, tentaremos paliar un pouco as desigualdades que poda haber en determinados colectivos, solucionando as súas dúbidas, facendo incluso algún informe complementario en materia laboral, fiscal, tributaria, financeira, en todo o que poda formar parte da nosa actividade profesional”. O acordo, subliñou, “ten un retorno que quedará na cidade”, dado que os economistas que participarán son colexiados de Ourense, autónomos que desenvolven a súa actividade por conta propia.

O servizo está dirixido a persoas empadroadas e empresas con actividade económica en Ourense, que deberán solicitar o servizo contactando co Colexio de Economistas de Ourense a través de correo electrónico ou teléfono.

Artigos relacionados

Back to top button