OurenseÚltima hora

As pinceladas solidarias do artista verinés Fernando Barreira

Este creador traballa no proxecto "Aislados, al lado!", que incluirá media ducia de obras, e cuxo obxectivo é recadar fondos para Servizos Sociais do Concello de Verín e para Protección Civil deste municipio

O pintor verinés Fernando Barreira./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O artista verinés Fernando Barreira Mateo está a traballar nunha serie de lenzos (50×50) que denominará “Aislados, al lado!” e que incluirá media ducia de obras, segundo adianta o autor. “A intención é ver que veo en todo o que nos está pasando, sen carga, e sen meter o dedo na chaga…. simplemente, reflexar as nosas propias muecas ante a soidade”, di Barreira.

Pero a idea vai moito máis aló. O obxectivo principal deste proxecto é recadar fondos que doará integramente, e de maneira totalmente altruísta, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín e á área de Servizos Sociais deste mesmo concello.

Para participar nesta iniciativa benéfica poderase “poxar, ou solicitar a temática descrita na publicación do muro do artista. Manteranse as opcións de adquisición por rigorosa orde de solicitude. O prezo será simbólico (400 euros) e o pago e recepción da obra realizarase na sede das organizacións antes mencionadas”, tal e como informa o Concello de Verín a través das redes sociais.

 

Artigos relacionados

Back to top button