En portadaÚltima hora

As piscinas do Barco abren hoxe ao público tras a súa renovación

 

Ante a perspectiva de que a meteoroloxía será favorable, neste luns abren as piscinas municipais ao aire libre do Barco. Segundo ben de informar o Concello as piscinas abrirán co seguinte horario: de luns a domingo, de 12:30h. a 20:30h.

As tarifas son as seguintes: adultos 1,50€, infantil 1,00€, bono familiar de tempada 78,00€, bono adulto tempada 38,00€ e bono infantil tempada 19,00€.

Nos últimos meses realizáronse obras de acondicionamento nas instalacións destas piscinas, que se centraron, entre outras zonas, no vaso de adultos, onde ademais doutras melloras desde agora cóntase cun acceso en rampla, o que as converte en completamente accesibles.

A obra, licitada en xaneiro, incluía ademais a reforma da área de vestiarios, tamén da parte do xardín e do peche vexetal que rodea ás instalacións. En total a intervención ten suposto un investimento superior aos 200.000 euros, sufragado totalmente con fondos municipais.

 

Exterior das instalacións das piscinas municipais de verán do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button