ConcellosÚltima hora

As pistas de Calabagueiros en perfectas condicións para acoller o galego de clubs base

O GES Valdeorras procedía á súa limpeza co fin de deixalas listas para a competición autonómica do 17 de maio que reunirá a multitude de atletas

Unha vez máis, como acontece cada vez que hai unha proba autonómica de atletismo, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras procedía á limpezas das pistas de Calabagueiros no Barco. Este labor tiña lugar na mañá deste 15 de maio, tendo en conta que o vindeiro 17 de maio estas instalacións acollerán o Campionato de Galicia de Clubs Sub10, Sub12 e Sub14.

As pistas xa están en perfectas condicións para acoller esta importante cita, promovida a través da Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo, na que se espera a participación duns 500 atletas chegados dende diferentes puntos da comunidade.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button