Galerías de fotosOurenseÚltima hora

As pistas de Oira acollen esta fin de semana o torneo de volei praia das Festas de Ourense

Entre os participantes haberá “una das mellores parellas do circuíto nacional”, membros do equipo local

O recinto deportivo de Oira, acolle esta fin de semna o trofeo de volei praia das festas de Ourense ao que asistirán varias parellas do recién creado equipo Sousas Oira Praia.

O campionato é puntuable para o ránking da Federación Galega e Española de Volei Praia e será o pistoletazo de saída parao inicio da tempada de torneos estivais que o Club Volei Praia Milenio Ourense organizará durante os meses de xullo, agosto e setembro para as categorias base e sénior.

Representando ao Sousas Oira Praia, esta fin de semana participarán no campo de area a parella masculina formada por Hernán Tovar e Juan Escalona “considerados como un dos mellores dúos do voleibol español”, explican dende a organización, que están representando ao equipo ourensán en todos os torneos do Circuíto Mádison Beach Voley Tour nacional. Tamién estarán representando ao Sousas Oira Praia, os xogadores ourensáns Pablo Parga e Jhosua Rodríguez, así como as parellas femininas formadas por Patri González  Gladys Giráldez e por Rebeca Kruse e Ángélica Orobio.

 

Artigos relacionados

Back to top button