Ourense

“As portas de Lugo”, un monográfico pictórico de Paco Ascón

O artista coruñés residente en Xares (A Veiga) expón no Museo Interactivo da Historia

Despois de dous anos de traballo, o pintor Paco Ascón vén de presentar no Museo Interactivo da Historia de Lugo o monográfico As portas de Lugo. Trátase dunha exposición que permanecerá aberta ata o mes de xullo, na que o artista coruñés residente en Xares (A Veiga) pretende “amosar a todos, especialmente á cidadanía de Lugo, a beleza da muralla de Lugo e as súas portas, unha xoia da arquitectura romana”, tal como el mesmo explica.

A mostra, á que o concello de Lugo adicou un fermoso catálogo, inclúe un total de 23 obras, en lienzo sobre bastidor de diferentes tamaños.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button