EconomíaEconomíaÚltima hora

As posibilidades dos drons na agricultura, en 5 xornadas formativas en Monforte

Teñen previsto celebrarse dende o luns 27 de setembro ao venres 1 de outubro, cada unha cunha duración de catro horas en horario de mañá

Demostración do uso de drons no cultivo de oliveiras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A semana vindeira no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte acollerá cinco xornadas sobre os drons aplicados á agricultura. Previstas dende o próximo luns 27 de setembro ao venres 1 de outubro, todas están programadas das 10,00 h. ás 14,00 h. Esta acción será promovida pola Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza

Con estas iniciativas búscase dar a coñecer a tecnoloxía dos drons (vehículos aéreos non tripulados), a lexislación que os regula e as vantaxes que poden supoñer nas explotacións, en relación ao aforro de tempos e custos, para levar a cabo aplicacións máis precisas e con maior seguridade e, en definitiva, para incrementar a eficiencia nos traballos agrícolas.

En concreto, o programa inclúe contidos sobre as novas tendencias na agricultura, sobre as necesidades do agricultor e dos cultivos, sobre as pragas que poden afectar as plantacións e sobre o uso de fitosanitarios. Nesa liña, aprenderase como poden empregarse os drons para pulverizar aforrando non só produto senón tamén tempo e man de obra. Así mesmo, revisarase a lexislación de aeronáutica civil e a normativa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en materia de aplicacións aéreas.

Canto aos participantes, a acción están dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

A Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina pode atoparse o referido curso e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico isaac.lopez.felipe@xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 982889105.

Artigos relacionados

Back to top button