ConcellosÚltima horaVídeos

As praias máis altas de Galicia, na Veiga

Praia do Coiñedo (A Veiga)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Son moitos os recursos de interese natural, como o Macizo de Trevinca, e patrimonial que posúe o municipio da Veiga e dos que pode desfrutarse ao longo do ano. Pero hai un deles, as súas praias que merecen unha mención especial agora que se achega o verán.

Este municipio posúe as praias fluviais máis altas de Galicia: a dos Franceses e O Coiñedo, no encoro de Prada, a uns 800 metros de altura. Ademais de tomar o sol ou refrescarse en xornadas de altas temperaturas, nelas poden practicarse multitude de deportes náuticos… Contan con diversos servizos, embarcadoiros, etc.

Percorrido pola Praia dos Franceses neste vídeo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close