CulturaCulturaÚltima hora

As previsións meteorolóxicas adversas obrigan a aprazar a Feira de 1812 en Petín prevista para esta fin de semana

Un francés na anterior edición da Feira de 1812 en Petín./ Foto: Carlos G. Hervella.

O temporal e a chuvia que se prevén para esta fin de semana está causando estragos nos eventos organizados en Valdeorras. Primeiro anunciaban dende AEVA o aprazamento da IV Noite dos Descontos na Rúa prevista para mañá e agora, dende a Asociación Fonte Grande de Petín veñen de confirmar tamén o aprazamento da VII Feira de 1812 prevista para o sábado e domingo (9 e 10 de xuño).

“Tiñamos previstos uns postos moi vistosos que dificilmente se poderían instalar coas condicións meteorolóxicas previstas así que non podemos arriscarnos”, aseguran dende a organización, adiantando que o luns emitirán un comunicado informando da nova data para a celebración da feira.

 

Artigos relacionados

Back to top button