PolíticaÚltima hora

As primarias socialistas en Ourense, en marcha

O 18 de outubro designábase o Comité de Garantías Electorais e o Comité de Listas Provincial como organismos encargados de velar polo proceso
Reunión extraordinaria do comité provincial do PSdeG-PSOE en Ourense.
Reunión extraordinaria do comité provincial do PSdeG-PSOE en Ourense.

A maquinaria das primarias do PSdeG-PSOE en Ourense xa está en marcha. O Comité Provincial do partidos socialista mantiña o 18 de outubro unha reunión extraordinaria para designar ao Comité de Garantías Electorais e ao Comité de Listas Provincial como organismos encargados de velar polo proceso de eleccións primarias para elexir ao candidato socialista á alcaldía da cidade das Burgas.

Este é o primeiro paso no camiño das primarias en Ourense, que se completará o 30 de novembro coa votación da militancia, na que se decirá quen vai encabezar a lista socialista nas municipais. “A partir do 3 de novembro e ata o 17, os aspirantes terán que recoller os avais para poder concurrir á votación do día 30 como precandidatos. Para isto, se precisa conseguir o 20% do censo de militantes da agrupación local de Ourense, que conta cun total de 531 afiliados/as”, segundo se informa dende o partido socialista.

Polo de agora fixeron pública a súa intención de concurrir ás primarias socialistas en Ourense tres persoas: José Ángel Vázquez Barquero, Pachi Vázquez e Javier Rey.

Nesta mesma reunión extraordinaria do Comité Provincial, o secretario provincial, Raúl Fernández, fixo un chamamento á participación da militancia de Ourense neste proceso que supón un cambio significativo no xeito de designar ao seu candidato á alcaldía da capital.

Artigos relacionados

Back to top button