EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

As propostas de Manolo’s e O Bodegón, ganadoras do IV Concurso Tapa Micolóxica de Trives

Máis de 3.070 tapas degustáronse na fin de semana do 2 ao 4 de novembro

Cun gran éxito de participación, tanto en número de locais como en público se desenvolvía a IV edición do Concurso Tapa Micolóxica, organizada polo Club Montaña Trives no marco das xornadas celebradas na fin de semana do 2 ao 4 de novembro.

Un total de once establecementos hostaleiros da localidade trivesa participaron na iniciativa con suculentas propostas gastronómicas cos cogomelos como ingrediente principal. O Sky presentou “Un ovo de avión; A Cantina do Catro “Brocheta de mar e montaña”; O Boliche “Éche o que hai”; o San Martín “Tosta rechea”; o Manolo’s “A todo porco lle chega o seu San Martiño”; O Paiño “Foliada de outono”; Oca Nova Mananeda “Roliño de Outono”; o Casanova “Chipiróns recheos de cogumelos picados en cama de arroz”; O Lar da Alicia, “Cogumelo do lar”; o Quintela, “Mar e monte”; e o Bodegón, “Setas dos biosbardos con rolo de cabra”.

Tal como explican dende a organización, contabilizáronse 614 papeletas “co cal, como mínimo vendéronse 3.070 tapas aínda que cremos que foron bastantes máis”, aseguran. Finalmente, a ganadora da categoría Mellor Tapa, foi a de Manolo’s, seguida da do Bodegón e O Paiño. Na categoría de Mellor Presentación, cambiaron as tornas, sendo a ganadora a do Bodegón, segunda a do Manolo’s e terceira a do Sky.

 

“A todo porco lle chega o seu San Martiño”, Manolo’s. Ganadora Mellor Tapa.

 

“Seta dos biosbardos con rolo de cabra”, O Bodegón. Ganadora Mellor Presentación.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button