OurenseÚltima hora

As rapazas do CH Burgas Ourense proclámanse campioas galegas de hóckey sala

A entrega de premios, celebrada no pavillón de Oira, contou coa presenza do delegado da Xunta Gabriel Alén

 

O equipo CH Burgas Ourense vén de proclamarse campión galego de hóckey sala, na categoría sénior feminino, trala competición celebrada na xornada deste sábado 9 de xaneiro no Polideportivo de Oira (Ourense). O outro equipo ourensán o CH Albor proclamouse subcampión e o At. Coruña HC quedaba terceiro.

O acto de entrega de trofeos e medallas contou coa presenza do Delegado da Xunta de Galicia na provincia de Ourense, Gabriel Alén Castro.

Artigos relacionados

Back to top button