DeportesGalerías de fotosÚltima hora

As rapazas do Rúa-Valdeorras CF caen en casa ante as do EDC Verín

1-6 perdían no pavillón rues no partido de fútbol sala disputado na tarde do 19 de outubro

 

Despois dunha tempada sen competir, o equipo feminino Rúa-Valdeorras CF regresaba este ano ao terreo de xogo, pero cambiando de disciplina e de escenario. Do fútbol pasaba ao fútbol sala e do campo de herba ao parqué.

Na categoría 1ª Galicia sénior feminina F.S. as rapazas do conxunto rues, un equipo xove e con pouco experiencia neste campo, comezaban a tempada a domicilio no Pavillón dos Remedios en Ourense xogando contra o Cidade de As Burgas C, nun partido que perdían por 5 goles a 2, e unha semana máis tarde estreábanse en casa, cunha nova derrota.

Na segunda xornada de liga, as valdeorresas enfrontábanse ás do EDC Verín que apenas lles deron opcións. O partido, disputado na tarde do 19 de outubro no pavillón Vitorino Núñez no Aguillón da Rúa, comezaba cun gol das visitantes e malia que Alicia lograba empatar antes de rematar a primeira parte, a segunda metade do encontro era de total dominio das verinesas que marcaban outros cinco goles máis. Ao final 1-6 e posto 11 na clasificación.

Na vindeira xornada o Rúa-Valdeorras xogará contra o Ribeiro Avia Promesas F.S. en Ribadavia. 

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button