DeportesGalerías de fotosÚltima hora

As rapazas do Rúa feminino caen en casa ante a ED Os Miúdos

Co 2-6 no marcador remataba o partido correspondente á xornada 10 na 2ª división galega

Cunha derrota en casa arrancaba o ano o Rúa-Valdeorras CF. Despois da vitoria por goleada (0-6) no campo do Atlético Estrada co que se resolvía o partido da xornada 9 aprazado polo temporal, as rapazas de Ricardo Basteiro recibían en casa, no campo do Aguillón, á Escola Deportiva Os Miúdos. Un equipo que amosou a súa superioridade xa dende o primeiro minuto, aumentada pola baixa de varias xogadoras no equipo local.

Con todo, eran as ruesas as que se adiantaban no marcador grazas ao tanto de Olga Rafaela no minuto 15. As coruñesas reaccionaban e no 22′ marcaban o gol do empate. Antes de rematar a primeira parte, as visitantes marcaban outros dous tantos e as locais un máis (de Carol), marchando ao vestiario co 2-3 no marcador. Xa na segunda metade, as de Muros seguían sumando ata o sexto gol no minuto 80, sen tempo xa para as locais que quedaban con dez no campo trala tarxeta vermella que o colexiado pitaba a Olga Rafaela no 82′.

Malia este resultado negativo, as valdeorresas mantéñense no terceiro posto da táboa na segunda división feminina.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button