CulturaCulturaÚltima hora

As relacións históricas entre Valdeorras e O Bierzo, nunha conferencia o 2 de outubro

Correrá a cargo do historiador Javier Lago e terá lugar ás 20h. no Casino do Barco

 

“O Bicentenario da provincia de Vilafranca é un motivo para reforzar as relacións territoriais entre Valdeorras e O Bierzo”, din dende o colectivo Fala Ceibe. E, nese senso, vén de organizar de cara ao vindeiro sábado 2 de outubro ás 20h. no Casino do Barco unha conferencia audiovisual, a cargo do historiador berciano Javier Lago Mestre. O acto será presentado polo presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses, Aurelio Blanco.

“A conferencia comezará co estudo da presenza dos diversos señoríos medievais en Valdeorras (mosteiros, bispado de Astorga, señores laicos, etc.) que crearon fortes relacións de dependencia (privilexios, vasallos, terras, etc). Non faltará a referencia á conflitividade social nunha sociedade medieval tan desigual, caso da revolta irmandiña”, adianta o ponente.

Na organización territorial analizarase o condado do Bierzo e as súas tenencias internas. Posteriormente a política dos Trastámaras favoreceu o desenvolvemento de grandes señoríos (A Cabreira e Ribeira, Lemos, Pimentel, Astorga, etc). A debilidade real favoreceu a expansión señorial. Ademais abordarase a evolución histórica desta zona dende o século XVI ata a idade contemporánea.

 

Artigos relacionados

Back to top button