SanidadeÚltima hora

As residencias de maiores da provincia rexistran 354 casos de coronavirus, entre usuarios e traballadores

 

As residencias da terceira idade galegas rexistran un total de 689 positivos por coronavirus entre os seus usuarios, segundo a última actualización de datos feita pública pola Consellería de Política Territorial.

Na provincia de Ourense son 255 os casos (31 máis que onte), distribuídos do seguinte xeito: 22 en Nosa Sra. de Fátima (O Barco de Valdeorras), 16 na Res. Castro Caldelas, ademais dunha persoa falecida; 41 San Carlos (Celanova), ademais dúas persoas falecidas: 1 na Res. Lecer Avoíños (Coles); 3 en San José Hermanitas (Ourense), 105 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); ademais de nove persoas falecidas; 35 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense), ademais dunha persoa falecida; 29 na Res. Galisenior (Ourense), 1 na Res. DomusVi Pereiro (O Pereiro de Aguiar), 1 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar) e 1 na Res. Ramirás (Ramirás).

Así mesmo, hai 246  traballadores destes centros galegos con coronavirus, dos que 99 (12 máis que onte) están en residencias da provincia de Ourense: 1 na Residencia Alvetus (Avión), 4 en Nosa Señora de Fátima (O Barco), 6 na Res. Castro Caldelas, 18 na San Carlos (Celanova), 3 na Res. San José, Hermanitas (Ourense), 34 en Ntra Sra de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 19 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense), 6 na Residencia Galisenior (Ourense), 3 na Residencia Os Gozos (O Pereiro de Aguiar) e 1 na Residencia Maiores A Porqueira.

Ademais Política Social informa que onte, luns 6 de abril, “rexistráronse oito novos falecementos en centros residenciais de maiores: cinco persoas na residencia DomusVi San Lázaro, unha persoa na Residencia La Esperanza de Ourense e dous na residencia DomusVi Cangas”.

Artigos relacionados

Back to top button