CulturaCulturaÚltima hora

As residencias de maiores de Valdeorras, Viana e Trives reciben libros da Deputación

Tamén recibirá exemplares o Hospital Público Valdeorras, entre outros centros médicos e residencias de toda a provincia de Ourense

Residencia N. Sra. de Fátima, na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dende o pasado xoves 16 de abril e ata o vindeiro luns día 20, a Deputación de Ourense reparte un total de 3.500 libros entre 138 residencias de maiores e centros hospitalarios da provincia de Ourense.

Cada lote está integrado por una vintena de libros (títulos publicados polo ente provincial, que van desde catálogos de exposicións a novelas, pasando por obras de divulgación científica, cultural, etnográfica, patrimonial e histórica da provincia de Ourense, ademais das publicacións premiadas nas diferentes edicións dos premios de literatura infantil e xuvenil “Pura e Dora Vázquez” ; e 2 CDs da cantante María do Ceo.

En concreto, o reparto de lotes de libros faise no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), nos hospitales do Barco, Verín e Piñor, a clínica Santa Teresa-Cosaga, o centro médico El Carmen e a residencia socio-sanitaria del Santuario dos Milagros.

Con respecto ás residencias ás que se destinan os libros están ubicadas en: Larouco, Castro Caldelas, Barbadás, O Carballiño, Viana do Bolo, Bande, Vilamartín de Valdeorras, A Rúa, Ramirás, Celanova, Verín, Pereiro de Aguiar, Ourense, Allariz, Maceda, Xinzo de Limia, Maside, Entrimo, Nogueira de Ramuín, A Peroxa, Vilamarín, A Veiga, O Bolo, Beariz, Melón, San Cristovo de Cea, San Xoán de Río, Carballeda de Valdeorras, A Mezquita, Cartelle, A Arnoia, Lobeira, Manzaneda, Pobra de Trives, Esgos, Rairiz de Veiga, Muiños, Cualedro, Parada de Sil, Porqueira, Montederramo, Avión, Chandrexa de Queixa, A Merca, Taboadela, Vilar de Barrio, Vilardevós, Monterrei, Rubiá, O Barco de Valdeorras, Carballeda de Avia, San Amaro, Baños de Molgas, Coles, Leiro, O Irixo, Riós, Boborás, Sarreaus, Amoeiro, Quintela de Leirado, San Cibrao das Viñas, Gomesende, Vilar de Santos, Castrelo de Miño, Verea, Toén e Paderne de Allariz.

 

Artigos relacionados

Back to top button