SanidadeÚltima hora

As residencias de maiores galegas rexistran 554 casos de usuarios con COVID-19, dos que 199 están na provincia de Ourense

 

Un total de 554 usuarios de residencias de maiores de Galicia están infectados polo coronavirus, segundo os datos que vén de facer públicos a Consellería de Política Social, é que corresponden á ultima hora do venres 3 de abril.

No caso da provincia de Ourense son un total de 199, distribuídos nos seguintes centros: a Residencia Nosa Sra. de Fátima de O Barco de Valdeorras ten 22 casos de maiores con coronavirus, na  Residencia de Castro Caldelas son 7, ademais dunha persoa falecida; 43 en San Carlos (Celanova),  ademais dunha persoa falecida;  1 na Res. Lecer Avoíños (Coles), 106 en Ntra Sra de La Esperanza, San Rosendo (Ourense), ademais de seis persoas falecidas, na  8 Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense), ademais dunha persoa falecida;  1 na Res. Galisenior (Ourense), 1 na Res. DomusVi Pereiro (O Pereiro de Aguiar) e 1 na Res. Ramirás (Ramirás).

Tamén se rexistran 194 positivos entre os traballadores destes centros en Galicia. No caso concreto da provincia de Ourense os datos son os seguintes: 1 na Residencia Alvetus (Avión), 4 en Nosa Señora de Fátima (O Barco), 3 na Res. de Castro Caldelas,  18 en San Carlos (Celanova), 3 na Res. San José, Hermanitas (Ourense), 34 en Ntra Sra de La Esperanza, San Rosendo (Ourense),  5 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense),  1 na Residencia Os Gozos (O Pereiro de Aguiar) e 1 na Residencia Maiores A Porqueira.

Dende Política Social tamén se indica que o 3 de abril “rexistráronse cinco novos falecementos en centros residenciais de maiores: unha persoa Na residencia Remanso Claudina Somoza (A Coruña), dúas persoas en Nuestra Señora de la Esperanza (Ourense) e dúas persoas en Dosmuvi Barreiro”.​

Artigos relacionados

Back to top button