En portadaGalerías de fotosÚltima hora

As rosas de Santa Rita

Cada 22 de maio os fieis asisten á misa da santa, no Barco, con ramos de rosas para ser bendecidas

 

As rosas son o símbolo principal de Santa Rita. Contan que, estando gravemente enferma, xa no leito de moirte, recibía no convento de Casia a visita dunha parente á que lle pedía que cortase para ela unha rosa do horto da súa casa. Á súa familiar pareceulle estraña a petición, xa que era inverno, pero, de regreso ao pasar pola horta vía que, sorprendentemente, había unha rosa e levoulla.

 

 

Con multitude destas flores os valdeorreses honran cada 22 de maio a Santa Rita no día grande da súa festa. Así era na mañá deste sábado, cando malia a situación sanitaria e as restricións, os devotos da santa avogada dos casos imposibles, asistían á misa maior co seu remo de rosas.

 

 

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/a-devocion-pola-santa-rita-no-barco-mantense-a-pesar-das-restricicions/

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button