CulturaCulturaÚltima hora

As rutas promocionais do Camiño de Inverno chegarán a Valdeorras o 2 de outubro

A iniciativa da Asociación de Municipios arrinca este domingo 19 de setembro no Bierzo

Dous peregrinos Camiño de Inverno ao seu paso polo Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

“6 días para coñecer, 6 días para desfrutar”. É o slogan da iniciativa da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno que propón o desenvolvemento dunha serie de marchas populares en diferentes zonas do Camiño de Inverno a Santiago, para promocionar esta ruta xacobea.

En total son seis as rutas promocionais comarcais propostas. A primeira delas celebrarase este domingo día 19 de setembro e contará coa colaboración do Concello de Puente de Domingo Flórez, de Bierzo Natura e de Bierzo Enoturismo. Partirá do Castelo de Cornatel e durante preto de 17 quilómetros adentrarase na paisaxe cultural das Médulas seguindo o roteiro de peregrinación xacobea. A etapa finalizará en Puente de Domingo Flórez, onde os asistentes ao roteiro poderán degustar unha cata de viños do Bierzo con empanada da zona. O prezo por participante é de 12 euros e comprende o desprazamento desde Ponferrada, seguro de accidentes, acompañamento de guías expertos e cata de viños da terra ao finalizar a mesma. O prazo de inscrición finaliza o venres 17 ás 14 horas.

A seguinte marcha será o 2 de outubro pola comarca de Valdeorras. Despois chegará á zona de Quiroga (16 de outubro); da Ribeira Sacra (30 de outubro); de Rodeiro (13 de novembro); e finalmente Vedra (27 de novembro).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button