DeportesÚltima hora

As seleccións galegas de voleibol infantil e cadete preparan en Quiroga o campionato de España

 

Tal como xa avanzara o seleccionador galego, Juan Carlos Suárez, na anterior concentración hai tres semanas, nesta fin de semana, a última do mes de xuño, celebrábase nas instalacións municipais de Quiroga a concentración das seleccións galegas infantil e cadete, masculino e feminino, previa ao campionato de España de seleccións autonómicas que se celebrará do 30 de xuño ao 3 de xullo en Valladolid.

Este tipo de concentracións, así como diferentes proxectos relacionados co voleibol como xornadas de supervisión e control, son posible grazas ao convenio entre o Concello de Quiroga e a Federación Galega de Voleibol renovado por unha tempada máis hai apenas unha semana.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button