CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

As súas Maxestades de Oriente percorren Trives

Melchor, Gaspar e Baltasar eran recibidos na praza do Concello por numerosas persoas

Multitude de persoas dábanse cita nas rúas de Trives esperando na tarde deste sábado, 5 de xaneiro, ás súas Maxestades de Oriente. En torno ás 17 horas a cabalgata dos Reis Magos chegaba á praza do Concello, onde Melchor, Gaspar e Baltasar eran recibidos polo alcalde, Domingo Diéguez, e saudaban dende o balcón aos pequenos e aos maiores, dirixíndolles unhas palabras.

Despois, dende a praza do Concello iniciábase unha cabalgata que percorría a vila ata chegar ao Auditorio Julio Vázquez, onde os Reis Magos reuníanse cos nenos, saudábanos e escoitaban as súas peticións para esta noite tan especial.

No dispositivo de seguridade da calbalgata participaban a Policía Local e Protección Civil de Trives.

Fotos: Concello da Pobra de Trives

Artigos relacionados

Back to top button