ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As temperaturas baixo cero conxelan a fonte da praza do Príncipe do Barco

Segue o frío e os termómetros baixo cero. Unhas condicións que manteñen a xeada ao longo de día nalgunhas zonas da provincia e tamén conxelan fontes como é, neste caso, a da praza do Príncipe do Barco, no centro da vila, que a media mañá deste 10 de xaneiro podía verse convertida en placas de xeo. Tamén había restos de xeada nas súas proximidades.

Segundo a infomación que manexa Meteogalicia, continuarán as baixas temperaturas nos vindeiros días e o tempo seco. Neste mapa poden verse as previsións de temperatura para este xoves.

 

Fonte: Meteogalicia.

 

 

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button