CulturaCulturaEntroido 2021Última hora

As traballadoras da residencia de Manzaneda disfrázanse para agasallar aos maiores neste Martes de Entroido

Publicidade

 

O Martes de Entroido é unha data de referencia en Manzaneda. Numerosos fulións, tanto do municipio como doutros próximo, acostuman darse cita na vila nunha longa ronda na que se fan visitas á residencia de maiores Gabino García. Sen embargo, isto non vai ser posible este ano por mor da pandemia do Covid.

 

 

Ante isto, as traballadoras deste centro de maiores decidían disfrazarse neste Martes de Entroido e botar man de sachos e bombos para agasallar aos usuarios deste centro e facelos desfrutar dunha tradición que viviron intensamente dende pequenos e que aínda os emociona. Ademais, dende hai días na residencia poden verser o Lardeiro e a Lardeira, como símbolos do Entroido.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button