OurenseÚltima hora

As últimas semanas do Campamento Urbano de Verín, repletas de actividades

Os 210 nenos e nenas apuntados despedirán así o verán

Os participantes, no Desfile da Ludoteca Especial Batucada.

 

A Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano de Verín afrontan as últimas dúas semanas con diversas actividades.

Mañá, día 27 de agosto, terá lugar unha acampada nocturna, con cea no parque da Alameda e xogos. Ao día seguinte, os nenos e nenas desfrutarán dunha mañá de piragüismo no río Támega, mentres que o día 29 haberá xogos tradicionais.

 

 

O venres 30 pecharán a semana coa Festa do Sombreiro, e os máis maiores acudirán a un obradoiro de grafittis dentro da programación do Extruga Street. Así, o luns día 2 terán cine en galego e o día 3, unha xincana acuática.

Os últimos tres días, desfrutarán dun percorrido en bicicleta polo camiño á beira do río Támega, ioga e taller de relaxación, para rematar cunha festa eivisenca, acompañada da celebración do fin do verán con música e comida.

 

Artigos relacionados

Back to top button