CulturaEducaciónÚltima hora

As universidades galegas asinan un convenio coa EGAP

Sinatura do convenio.
Sinatura do convenio.

Os reitores das tres universidades galegas asinaban na mañá do 10 de setembro un acordo co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, para impartir cursos destinados ao persoal de Administración e servizos.

Coa sinatura deste documento, as universidades poderán ofrecer aos seus traballadores unha “formación homoxénea e de calidade, aproveitando a experiencia e os materiais dos que xa dispón a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), e resaltou a importancia que ten a formación para todos os traballadores, tanto para ampliar coñecementos como para lograr maior eficacia na labor profesional”, segundo apuntaba Rueda neste acto, celebrado no salón de actos da EGAP.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button