CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

As universidades galegas non retomarán as clases presenciais neste curso 2019/2020

A decisión tomouse trala confirmación por parte do Goberno central que o etado de alarma se vai prorrogar ata o 26 de abril e que aínda podería alongarse máis

 

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), Eduardo López, e os reitores das tres universidades galegas, Antonio López (USC), Manuel Reigosa (UVigo) e Julio Abalde (UDC) reuníronse nesta mañá de 6 de abril por videoconferencia. No marco desta xuntanza consensuouse, tal e como solicitaron os tres reitores, manter o calendario académico sen retomar as clases presenciais neste curso 2019/2020.

Tal como explican dende a consellería, esta decisión tómase tras confirmar o Goberno central que o estado de alarma vaise prorrogar ata o 26 de abril e que aínda podería alongarse máis. A conselleira informou aos tres reitores de que “dende a Secretaría Xeral de Universidades se lles enviarán unhas instrucións comúns para asegurar a calidade do ensino virtual. Así mesmo, acordouse xuntarse novamente a finais de abril para definir tanto o calendario como o modelo de avaliación, en función da evolución da alerta sanitaria. O obxectivo é “consensuar unhas condicións comúns que aseguren a equidade de todo o alumnado galego, independentemente da universidade na que curse os seus estudos”.

Artigos relacionados

Back to top button