DeportesÚltima hora

As valdeorresas Leticia Gil e Xiana Lago, entre a trintena de atletas galegos da elite nacional

A Federación Galega de Atletismo vén de facer pública unha listaxe tendo en conta os resultados acadados unha vez finalizada a tempada da pista cuberta
Leticia Gil, natural de Carballeda de Valdeorras, no podio nacional de salto de lonxitude en pista cuberta./ Foto: Sportmedia.

Tras finalizar a tempada de pista cuberta, a Federación Galega de Atletismo (FGA) fai balance, en canto a ranking, dos resultados logrados. “Tomando as probas oficiais das categorías de Sub16 ata a absoluta, podemos observar como un total de 30 atletas galegos ocupan algunha das cinco primeiras posicións nas listas de ranking elaboradas pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) en base ás marcas oficiais rexistradas”, segundo a federación galega.

Dentro desa lista figuran dúas atletas valdeorresas. Unha delas é a saltadora de lonxitude absoluta Leticia Gil (Scorpio71), natural de Carballeda, ouro no campionato de España cun salto de 6.25. Ademais aparece Xiana Lago A. do Club Adas do Barco, cunha marca de 11.87 no lanzamento de peso Sub16.

 

Atletas galegos no ranking español, tras a fin da pista cuberta española./ Fonte: FGA.

Artigos relacionados

Back to top button