ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As veciñas comarcas da Cabrera e do Bierzo, tamén afectadas polos lumes

Dende o pasado luns 21 de agosto un lume está a cercar á comarca leonesa da Cabrera. Afecta aos municipios de Encinedo, onde comezou, e a Truchas. Segundo as últimas estimacións feitas públicas dende a Junta de Castela e León, o incendio supera xa as 8.000 hectáreas e segue sen control.

Por outra banda, hoxe producíase un novo incendio forestal na provincia de León, desta volta na comarca do Bierzo, nas proximidades das Médulas, un conxunto arqueolóxico declarado Patrimonio da Humanidade. Na primeira e na segunda das imaxes desta galería pode verse o lume ceo totalmente gris polo fume procedente do incendio da Cabrera.

Artigos relacionados

Back to top button