ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As vianesas celebran o Día da Muller con mandís tendidos, carteis violetas e cunha concentración

Máis dun cento de veciñas se congregaban na praza Maior da vila no mediodía do 8 de marzo

Con mandís de diversas cores pendurados dende balcóns, portas ou fiestras lucía na xornada do 8 de marzo Viana do Bolo. Era un dos xestos cos que se celebraba na vila o Día Internacional da Muller. Asemade, maís dun cento de veciñas asistían á concentración convocada, con motivo da “Folga Feminista internacional”, ás 12h. na praza Maior.

Con esta acción pretendíase “reivindicar a igualdade real entre mullere e homes”, tal e como indican as súas promotoras. E “moitas das que non puideron asistir á concentración ou facer folga, sumáronse á reivindicación da igualdade a través da colga de mandiles das fiestras ou balcóns”, indican as organizadoras.

Fotos: Cedidas/ Carolina Orozco

Máis fotos:
https://www.facebook.com/groups/vianadobolo/permalink/10156173972928769/

Artigos relacionados

Back to top button