CulturaCulturaÚltima hora

As viaxes do pobo xudeu, nunha exposición na Casa da Cultura de Monforte

A mostra, que poderá verse ata o vindeiro 5 de abril, está formada por 6 paneis informativas e 24 fotografías

Acto inaugural da exposición na Casa da Cultura de Monforte/ Foto cedida.

 

“Jewish Journeys. As viaxes do pobo xudeu” é o título da exposición que vén de inaugurarse o 8 de marzo na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos. A través de 6 paneis informativos, traducidos ó español pola Rede e acompañados por 24 fotografías, a mostra conta as situacións nas que o pobo xudeu tivo que afrontar as diferentes casuísticas para emprender unha viaxe.

Deste xeito, e, ao mesmo tempo, percórrense as diferentes motivacións que o ser humano afronta á hora de emprender unha viaxe. “Viaxar dun lugar a outro, física, espiritual ou emocionalmente, coloca ás persoas nun camiño de transición”, dinos promotores da exposición, que está cedida pola Biblioteca Nacional de Israel á Rede de Xuderías de España, quen á súa vez lla cedeu ó Concello de Monforte.

O acto inaugural da mostra contaba coa asistencia do alcalde de Monforte de Lemo, José Tomé Roca, así como coa da primeira tenente de alcalde, Gloria Prada; a concelleira de Cultura, Marina Doutón; e o concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada.
Esta exposición

Ata o vindeiro 5 de abril será posible visitar esta exposición (só días laborables), en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 horas. E para visitala haberá que respectar os aforos e recomendacións ante a Covid-19 establecidos polas autoridades sanitarias.

A Biblioteca Nacional de Irsael

Fundada en Xerusalén en 1982, a Biblioteca Nacional de Israel (NLI) serve de biblioteca tanto ó Estado de Israel como a todos os xudeus do mundo, pois dispón dunha inmensa variedade de contidos en diferentes formatos que documentan a historia, cultura e legado da xente xudía durante séculos.

Artigos relacionados

Back to top button