Conferencias, sesións de planetario, observacións astronómicas… Coa sétima edición das xornadas AstroTrevinca vén de abrirse ao público nesta fin de semana o Centro Astronómico de Trevinca, na Veiga, e no seu planetario, onde se están a desenvolver moitas das actividades.
O programa iniciábase o venres 5 de novembro cunha observación nocturna e seguía este sábado con relatorios como “A lencería do Cosmos”, ademais de realizar unha observación solar ás 12h. Logo viña a conferencia “Manual de instrucciones de un agujero negro”.
Pola tarde os participantes facían unha “aproximación á astronomía musulmá; historia e legado”, seguida dun relatorio titulado “a pelexa da ciencia contra o cambio climático”. O programa continuará con planetario e cunha observación astronómica a partir das 21:30h. Para o domingo está prevista unha visita ao Hosting de telescopios.
Fotos: O SIL e cedidas.