SanidadeÚltima hora

As visitas nas residencias galegas limitaranse a 1 á semana mentres non se vacine aos usuarios e traballadores

Ademais tampouco se permitirá que os usuarios destes centros poidan saír deles, segundo anunciaba o conselleiro de Sanidade

 

Xa o avanzaba esta mañá o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, nun acto en Ames. Unha das decisións que tomaba na reunión deste venres o Subcomité Clínico de expertos que fai seguimento da pandemia do Covid en Galicia é que se blindarán as “residencias da terceira idade mentres non se consiga vacinar” aos maiores e aos traballadores.

Esta blindaxe “neste período tan crítico de desenvolvemento da campaña de vacinación nas residencias” consistirá, segundo explicaba esta tarde en rolda de prensa o conselleiro de Sanidade, Julio García; en que “se aplicará nas residencias as restricións correspondentes ao nivel alto polo que os residentes non poderán abandonar a residencia, non poderán saír, como viñan facendo ata o de agora, e tamén limítanse as visitas durante este período a unha visita á semana e cunha única persoa que faga estas visitas. Gustaríanos poder rematar a vacinación sen que posibles brotes nas residencias nos impidan rematalo de xeito convinte”.

A Xunta prevé que todos os maiores e o persoal das residencias estean inmunizados a finais do mes de xaneiro.

Artigos relacionados

Back to top button