ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As votacións dos candidatos á alcaldía do Barco

Galería de imaxes dos cabezas de lista do PSdeG-PSOE, PP, BNG e Riada Cidadá nas mesas electorais

Entre as dez e media e as once media tiñan lugar as votacións dos cabezas de lista das catro formacións que se presentan ás eleccións municipais no Barco. A primeira en depositar a súa papeleta nas urnas era a cabeza de lista popular, Sabina Aguado, que o facía ás dez e media no Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán da vila.

Media hora despois tiña lugar a votación do candidato socialista e actual alcalde, Alfredo García, na mesa situada na gardería municipal. Xa ás once e cuarto emitía o seu voto o candidato de Riada Cidadá, Félix García Yáñez, no Teatro Lauro.

Neste mesmo lugar, pero noutra mesa electoral votaba ás once e media o cabeza de lista do BNG no Barco, Suso Vilasánchez.

Os catro candidatos destaban a normalidade coa que está discurrindo a xornada electoral e animaban á participación, destacando tamén o bo tempo deste día.

Fotos: A.R./ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button